| |
 |
 |
 |
|
|
 |
|
| |
| |
|
O noso queixo cremoso é elaborado artesanalmente a partir de leite enteiro de vacas que pacen en liberdade nas brañas e praderías da comarca de Ulloa. A súa calidade está garantida polo mimo na alimentación do noso gando -excelentes pastos e herbas como o trevo-, tamén polos controis aos que é sometido -Consello Regulador da Denominación de Orixe do queixo Arzúa-Ulloa-, e pola súa feitura por mans cheas de sabedoría. O queixo “arqueixal cremoso” é un queixo de pasta branda, moi suave e manteigoso, pero non un queixo uniformizado e globalizado, de aí que a súa elaboración artesá teña en conta o contexto local e tamén os diversos padais. Nenos, adultos e vellos poden comer deste queixo como entrante, como sobremesa ou como alimento dunha boa comida lenta “slow food”. Recomendamos conservalo en frío -6/8 graos centígrados- envolto nun pano de tea para que conserve a súa calidade e poida respirar. Recomendamos sacalo do frigorífico polo menos unha hora antes de servilo. |
|
|
|
|
|
|